19/11/17

ACCIDENTES XEOGRÁFICOS DE ASIA

Pinchade na imaxe para acceder aos accidentes xeográficos de Asia

Accidentes xeográficos de Asia

16/6/17

EXAME XUÑO

MÉRCORES 21 XUÑO
12:30

Os que tedes algunha avaliación suspensa tal e como vos puxen na axenda

1/6/17

ROMA

Como falamos en clase deixovos os mapas conceptuais de Roma e da Cultura Romana, pinchade nos enlaces para descargalos aínda que é mellor amplialos no ordenador e pasalos á libreta.

Roma

Cultura Romana

Son o documento base para estudar pero vou ir escribindo aquí o que hai que estudar polo libro ou pola libreta:

1. Definicións (hai que telas na libreta): Magna Grecia, patricios, plebeos, libertos
2. Cadros explicativos das institucións da Monarquía, República, Imperio (polo libro, pax 196-197-199) xunto coas definicións dos maxistrados que teñen que estar na libreta
3. Definicións de lares, manes e penates, barbeito, collegia, Mare Nostrum
4. Debuxo da cidade romana e definicións dos tipos de casa (na libreta e cos debuxos da páx 205)
5. Definicións das funcións de cada edificio (na libreta)
6. Definicións de orde toscana e composta

5/4/17

DEUSES GREGOS E ROMANOS

 Imos inestigar sobre os deuses gregos e romano. Cada un de vós tedes asignado un deus grego do que tedes que investigar o seguinte: nome que recibía o deus/deusa na mitoloxía grega e romana, atributos que tiña na mitoloxía grega e romana (é dicir, como se representaba) e de que era deus/deusa na mitoloxía grega e romana. Como vedes estamos comparando as dúas mitoloxías. Tedes que facelo nunha cartolina pequeNa, tamaño folio, non vou recoller ningunha cartolina grande, A información ten que vir acompañada da imaxe (debuxo, ilustración ...) do deus/deusa.
DATA DE ENTREGA 25 DE MAIO

4/4/17

ACHEGAS DE EXIPTO E MESOPOTAMIA

Sabíades que civilización usou algo parecido á pasta de dentes? ou foron os primeiros en maquillarse? ou quenes foron os primeiros en usar as vendas? ou en usar os primeiros espellos? ou cal foi unha das primeiras obras literarias? ou quen creou os primeiros calendarios? e o arco e a bóveda quen o inventaron? ou quen descubriu as constelacións? Todo isto e máis cousas é obra das civilizacións mesopotámica e exipcia. 

23/1/17

REDE NATURA 2000

Pinchade no mapa para acceder a páxina do ministerio de Medio Ambiente na que podedes atopar información sobre un LIC ou ZEPA pertencente a Rede Natura 2000 en España. 

 Mapa de la Red Natura en España


 Tedes que facer unha ficha cos seguintes datos:
- Nome do LIC ou ZEPA
- Localización: a máis precisa posible (lugar, concello, provincia, comunidade autónoma)
- Que protección ten, dende cando e porque a ten
- Todos os aspectos que consideredes relevantes
- Podedes acompañalo dunha fotografía se queredes

DATA DE ENTREGA
: 2 DE FEBREIRO 17

O MEDIO NATURAL E AS ACTIVIDADES HUMANAS

Aquí vos deixo o power point co que traballaremos en clase.